February 29, 2012
ISE AMOR QUE NOS CONSUME

Tal foi o título que lle dou á miña achega ao concurso de deseño

de táboas de skate de Feral Inc. 


A miña intención foi traer, a través dun eslogan pegadizo, a dura

ética de faino ti mesmo no traballo e a dedicada paixón ao mundo

do Skateboarding e as Artes. 


Un corazón consúmese a sí mesmo , feito doutros, como achega

á simboloxía popular, e unha tonalidade siniestra e retorta. 


En canto á tipografía, un tratamento modernista crea o contraste

na composición cun fondo máis saturado. Todas as palabras do

eslogan líganse na idea de mesturar unha typeface Sans Serif

coa fluidez e o dinamismo da caligrafía.


Así, despois de todo este blablabla, se índa estás interesado en

mirar algo máis que esta captura de imaxe, por favor visita a miña

achega para o concurso e, se non é moito pedir, vótaa, o cal

equivale a un so “gústame” no Facebook. 


Despóis de todo isto se inda queres botar outra man corre a voz

e lava o cerebro á xente para que boten un ollo e fagan o mesmo.

Toda axuda é benvida e de aprezar!


Grazas a todos de antemán!

E.Mcklaine

Ligazón para votar pola miña achega


(Source: feralinc.com)